Sección:
Homenaxe a Andrés Pazos
Día e hora:
Luns, 27 Setembro, 2010 - 19:30
Director/a:
Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll
Guión:
Juan Pablo Rebella, Pablo Stoll
Montaxe:
Fernando Epstein
Música:
Pequeña Orquesta Reincidentes
Fotografía:
Bárbara Álvarez
Outros datos de interés: Premio ao Mellor Guión Latinoamericano no Festival de Cine de Sundance 2003.
Colón de Ouro á Mellor Película e Colón de Prata ao Mellor Director no Festival de Cine Iberoamericano de Huelva 2004.
Proposta por Uruguai ao Oscar á Mellor Película de fala non inglesa.
Goya á Mellor Película Estranxeira de fala hispana.
Güisqui é Güiqui (Esmeralda Barriendos)
Sinopsis: Jacobo é o dono dunha modesta fábrica de medias en Uruguai e iso parece ser o único na súa monótona vida. Marta é a súa empregada de confianza. A relación entre eles nunca excede o laboral e está marcada polo silencio e a rutina. Whisky comeza cando Jacobo se permite pedir axuda a Marta ante a inesperada e inminente visita do seu irmán Herman, que vive no estranxeiro desde hai anos.
Dirixen os uruguaios Juan Pablo Rebella (Montevideo, 1974) e Pablo Stoll (Montevideo, 1974), que empezaron a traballar xuntos mentres estudaban Comunicación Social na Universidade Católica de Uruguai. É a súa segunda longametraxe despois de 25 vatios (2001).