Sección:
Lugo 10 - Cine Peplum
Día e hora:
Luns, 27 Setembro, 2010 - 18:00
Lugar:
Biblioteca Provincial
Título Orixinal :
Ultimi giorni di Pompei
País:
España - Italia - Alemaña
Director/a:
Mario Bonnard
Guión:
Sergio de Concini, Ennio Corbucci, Duccio Emmanuele, Luigi Leone, Sergio Tessari
Música:
Angelo F. Lavagnino
Fotografía:
Enzo Ballesteros, Antonio I. Barboni
Reparto:
Cristina Kaufman
Reparto:
Anne Marie Baumann
Sinopsis: Empezada por Mario Bonnard e retomada polo grandísimo Sergio Leone, é unha das mellores películas do xénero e acabou de confirmar ao famosísimo Steve Reeves (Hércules) como unha das iconas do Peplum.
Glauco, un centurión romano, ao regresar á súa casa en Pompeia, atópaa incendiada e saqueada. Un escravo comunícalle que un grupo de cristiáns matou ao seu pai, á vez que levou todas as cousas dalgún valor. Glauco acode ao edil Ascanio en demanda de xustiza. Alí atopa á filla do edil, chamada Elena. Esta ten unha escrava cristiá cega, chamada Nidia, da que está namorado Antonino, un rateiro dos suburbios de Pompeia, e ao que Glauco liberou de ser arrestado. Por un roubo que Antonino efectúa, dáse conta de quen foi o asasino do pai de Glauco e, ao comunicarllo ao seu amigo, Marco, este é asasinado por Arbase, gran sacerdote de Isis, autor de todos os roubos e asasinatos cometidos. Arbace, ante o temor de ser descuberto, denuncia a Glauco e a Elena como cristiáns, polo que son sentenciados a morrer no circo romano. Cando parece que se vai cumprir a sentencia, o Vesubio entra en erupción, o que dá lugar a que escapen todos os sentenciados a morte. Aínda que moitos deles perecen nas rúas de Pompeya, inundadas de lava, Glauco e Elena sálvanse ao chegar ao mar.