Día e hora:
Mércores, 23 Setembro, 2009 - 23:00
Título Orixinal :
Entre les murs
Director/a:
Laurent Cantet
Guión:
François Bégaudeau, Robin Campillo, Laurent Cantet
Fotografía:
Pierre Milon, Catherine Pujol, Georgi Lazarevski
Reparto:
François Bégaudeau (François Marin)
Reparto:
Franck Keïta (Souleymane)
Reparto:
Rachel Régulier (Khoumba)
Reparto:
Esmeralda Ouertani (Sandra)
Reparto:
Notany Gueyes (Representante dw los alumnos)
Outros datos de interés: Conseguiu a Palma de Ouro no Festival de Cine de Cannes e o Premio Independent Spirit John Cassavetes á mellor película estranxeira.
Sinopsis: François e os demais profesores prepáranse para afrontar un novo curso nun Instituto dun barrio conflitivo. Cheos de boas intencións, desexosos de aportar a mellor educación ós seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero as culturas e as actitudes enfróntanse na aula, microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos e estimulantes que sexan os adolescentes, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor que non cobra bastante. A tremenda franqueza de François sorprende ós seus alumnos, pero o seu estrito sentido da ética cambaléase cando os mozos empezan a non aceptar os seus métodos.
É a quinta longametraxe dirixida polo francés Laurent Cantet (Melle, Deux-Sevres, 1961), despois de Les sanguinaires (1997), Recursos humanos (1999), El empleo del tiempo (2001) e Hacia el Sur (2006).