Día e hora:
Sábado, 26 Setembro, 2009 - 23:00
Título Orixinal :
La buena vida
País:
Chile - Arxentina - España - Francia
Guión:
Mamoun Hassan, Andrés Wood
Música:
José Miguel Miranda, José Miguel Tobar
Fotografía:
Miguel Littín
Reparto:
Aline Küppenheim (Teresa)
Reparto:
Manuela Martelli (Paula)
Reparto:
Eduardo Paxeco (Mario)
Reparto:
Roberto Farias (Edmundo)
Reparto:
Manuela Oyarzún (Esmeralda)
Outros datos de interés: Conseguiu o Goya á mellor película hispanoamericana e o Colón de Ouro do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva.
Sinopsis: Santiago de Chile, en 2008. Teresa (45), Edmundo (40), Mario (25) e Patricia (27) son catro habitantes da cidade, cuxas vidas se entrecruzan en medio de bucinadas, freadas e alarmas de vehículos, pero que dificilmente chegan a tocarse. Sumidos na confusión urbana, cada un deles persigue o seu soño: Teresa, unha psicóloga que trata de salvar vidas; Edmundo, un perruqueiro que anhela ter un coche; Mario quere entrar na Filarmónica e Patricia sobrevive. Cada un deles anhela algo que parece inalcanzable. Ningún o logra, pero si que obterán un resultado inesperado.
Dirixe o chileno Andrés Wood (Santiago de Chile, 1965). Licenciado en Ciencias Económicas en 1988 pola Universidade Católica de Chile, en 1990-1991 cursou estudos de cine na Universidade de Nova York. A súa filmografía componse das películas Historias de fútbol (1997), El desquite (1999), La fiebre del loco (2001) e Machuca (2004).