Día e hora:
Xoves, 24 Setembro, 2009 - 18:00
Título Orixinal :
The ugly duckling and me!
País:
Francia-Alemaña-Irlanda-Reino Unido-Dinamarca
Director/a:
Michael Hegner, Karsten Kiilerich
Montaxe:
Thorbjorn Christoffersen, Virgil Kastrup, Per Risager
Reparto:
Morgan Jones (Voz de Ratso & Frank)
Reparto:
Paul Tylak (Voz de Wesley)
Reparto:
Anna Olson (Voz de Phyllis)
Reparto:
Gary Hetzle (Voz de Stan)
Reparto:
Danna Davis (Voz de Pollos)
Sinopsis: Esta é a historia do Patiño Feo e a súa nai, Ratso. En realidade, así é como o Patiño Feo o chama... porque en realidade el é o seu pai, aínda que... tampouco é certo de todo. O que sucedeu é que cando o Patiño Feo saíu da casca, a primeira persoa á que viu foi a Ratso, e el sentiuse responsable de ocuparse do pequeno. Ademais, ¿que clase de pai sería se rexeitara ó seu fillo, a pesares de chamalo “mamá”? ¿confuso? ese é Ratso. O día a día é duro, intentan levar comida ó prato mentres foxen das bandas de ratas da cidade, das hostís aves de curral... A vida non é fácil, calquera patiño feo podería confirmarcho.
Dirixe Michael Hegner (Dinamarca, 1964), que comezou a súa carreira como auxiliar de animación na serie de televisión Quark (1987-88). Despois realizou spots publicitarios para Lego, Fazer, Carlsberg, Coca-Cola e Tuborg. A súa primeira película de animación chegou cando codirixiu ¡Socorro, soy un pez! (2000). Anteriormente exercera como animador en películas como Jack, rey del amazonas.