Día e hora:
Luns, 27 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar:
Biblioteca Provincial
Título Orixinal :
El Pórtico de la Gloria
Director/a:
Rafael J. Salvia
Montaxe:
Antonio Ramírez de Loaysa
Fotografía:
Alfredo Fraile
Reparto:
Nenos do Orfeón: Agustín Andrade Torre, Hugo Norman Martínez, Camilo Soto, Ricardo Magaña Alvarez
Reparto:
Director do Orfeón: Rogelio Zarzosa y Alarcón
Reparto:
Pilar Gómez Ferrer
Reparto:
Salvador Soler Mari
Reparto:
Francisco Bernal
Reparto:
Francisco Guitart
Reparto:
Orfeón Infantil Mexicano
Sinopsis: É Ano Santo Compostelán. De todo o mundo, e especialmente dos pobos de América, con profunda devoción a Santiago, dispóñense a acudir os peregrinos. Entre eles un “Orfeón Infantil Mejicano”, organizado polo franciscano Padre José, que foi famoso cantante antes de ingresar na orde. Durante a súa viaxe por España, coinciden cunha señora rica, fermosa e elegante, muller cansada da vida, en permanente melancolía. Un dos rapaces do orfeón chama a atención da fermosa dama, que lle dedica a súa protección, que estende a todo o coro. A dama, que foi tamén famosa cantante co nome de Alejandra, é madrileña de nacemento e chámase Pilar. En Madrid atopa a Diego, un home que a amou na súa xuventude e que se sente namorado ao vela de novo, non sendo correspondido. Alejandra súmase á xira que realizan os rapaces por España. O Padre José, con prudencia, trata de evitar a súa compaña e defender a Jaime do que tal vez sexa un contacto pernicioso. En Santiago, tras unha escena na que Padre afasta a Jaime dela resoltamente, Alejandra cóntalle a súa historia....