Día e hora:
Venres, 25 Setembro, 2009 - 20:30
Título Orixinal :
Un novio para Yasmina
Director/a:
Irene Cardona
Guión:
Irene Cardona. Nuria Vallizán
Música:
Óscar López-Plaza
Fotografía:
Ernesto Herrera
Reparto:
Sanaa Alaoui (Yasmina)
Reparto:
José Luis García Pérez (Alfredo)
Reparto:
María Luisa Borruel (Lola)
Reparto:
Francisco Olmo (Jorge)
Reparto:
Paca Velardiez (Mari)
Outros datos de interés: Presentouse no Festival de Cine Español de Málaga, dentro da sección Zona Zine, onde conseguiu a Biznaga de Prata á mellor película, a do público e a correspondente á mellor actriz para Ma Luisa Borruel.
Sinopsis: Yasmina é unha moza marroquí culta e atractiva que veu a España coa intención de continuar os seus estudos universitarios. Vive nun pobo estremeño co seu irmán Abdel e outros marroquís que traballan na agricultura. Yasmina non acaba de encaixar nin cos marroquís nin cos españois e o único lugar no que parece atoparse a gusto é nunha asociación de acollida de inmigrantes. Yasmina vive un apaixonado e atípico noivado con Javi, un mozo policía municipal. A relación funciona ben ata que lle expón a cuestión do matrimonio. Javi empeza a desconfiar e, sentíndose utilizado, négase a casar con ela.
É a primeira película dirixida por Irene Cardona (Cáceres, 1973), que en 1994 foi unha dos tres españois galardoados cunha bolsa para estudar na prestixiosa Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños, Cuba, onde se graduou na especialidade de guión e dirección en 1996. Ó seu regreso a España, finalizou a súa licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e completou a súa formación con tres cursos de interpretación no estudio de formación do actor Juan Carlos Corazza (1996-2000). Escribiu e dirixiu un significativo número de curtametraxes e documentais, entre os que destacan as curtas Ni allá en la popa, caramba, ni en Trinidad (1995), La cigüeña (2002) ou o documental Después de la batalla (2006). Ata hai uns meses, combinou o desenvolvemento de proxectos audiovisuais co seu traballo de guionista no programa de TVE Versión Española, sen abandonar a docencia de teoría e técnica cinematográfica en diversas institucións públicas e privadas.