Sección:
Mellores Películas Cine Italiano
Día e hora:
Mércores, 23 Setembro, 2009 - 18:00
Lugar:
Biblioteca Provincial
Título Orixinal :
Umberto D.
Director/a:
Vittorio de Sica
Música:
Alessandro Cicognini
Reparto:
Maria Pia Casilio
Reparto:
Memmo Carotenuto
Reparto:
Alberto Albani Barbieri
Outros datos de interés: Premio á Mellor Película no Festival Punta del Este.
Premio da Crítica de Nova York como Mellor Filme Estranxeiro.
Sinopsis: Umberto Domenico Ferrari é un home xa maior que vive sen ilusión nin esperanza nun piso respectable pero pequeno e viste correctamente. Vive só, sen familiares, e non ten amigos; tan só posúe o cariño do seu can Flike. A súa mísera pensión non lle permite sobrevivir e tratará de vender o seu reloxo e os seus libros. Á súa vez, inicia unha campaña ante o ministerio correspondente para conseguir un aumento nas pensións. Pero só consegue que o manden a un hospital para aforrar a súa manutención. A súa única amizade é a da súa serventa, María, que está embarazada dun soldado descoñecido, e xuntos comparten unha mutua aversión pola súa caseira, pero estes encontros esporádicos non satisfacen a necesidade de cariño de Umberto. A desesperación de Umberto lévao ao intento de suicidio xunto ó seu can, aínda que ao final desista para proseguir a súa vida sen rumbo pero xunto ó seu querido can.