Día e hora:
Luns, 21 Setembro, 2009 - 23:00
Título Orixinal :
La teta asustada
Director/a:
Claudia Llosa
Montaxe:
Franck Gutiérrez
Fotografía:
Natasha Braier
Reparto:
Magaly Solier (Fausta)
Reparto:
Susi Sánchez (Aída)
Reparto:
Efraín Solís (Noé)
Reparto:
Marino Ballón (Tío Lúcido)
Reparto:
Antolín Prieto (Hijo de Aída)
Outros datos de interés: Conseguiu o Oso de Ouro á mellor película e o premio da Fipresci no Festival de Cine de Berlín.
Sinopsis: Fausta ten a teta asustada, unha enfermidade que se transmite polo leite materno das mulleres que foron violadas ou maltratadas durante a guerra do terrorismo no Perú. A guerra acabou, pero Fausta vive para recordala porque “a enfermidade do medo” rouboulle a alma. Agora a súbita morte da súa nai obrigaraa a afrontar os seus medos e o segredo que oculta no seu interior: ela introduciu unha pataca na vaxina, como escudo, coma un protector, e pensa que así ninguén se atreverá a tocala.
Dirixe Claudia Llosa Bueno (Lima, Perú, 1976), que estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Lima (1998), e máis tarde realizou un Máster de Guión de Cine e TV na Escola Superior de Artes e Espectáculos TAI, Madrid, España (2001). Ao longo dos anos, traballou en publicidade e televisión para empresas peruanas e estranxeiras, ata que incursionou no cine con Madeinusa (2005), a súa ópera prima. Tamén é autora da curta Seeing Martina (2004). É sobriña do escritor Mario Vargas Llosa.