Sección:
Italia: Cinco Directores
Día e hora:
Martes, 22 Setembro, 2009 - 20:00
Lugar:
Biblioteca Provincial
Título Orixinal :
Il sorpasso
Guión:
Dino Risi, Ettore Scola, Ruggero Maccari
Fotografía:
Alfio Contini
Reparto:
Vittorio Gassman
Reparto:
Jean-Louis Trintignant
Reparto:
Luciana Angioliolillo
Outros datos de interés: Nastro d’Argento e David de Donatello ó mellor actor (Vittorio Gassman).
Sinopsis: A través da viaxe en coche de dous personaxes contrapostos, Dino Risi traza unha sátira traxicómica da realidade de Italia. Relata a fin de semana dun vividor descarado que leva a un inexperto e virxinal estudante a unha xira pola disipada vida social de Italia, cun inesperado desenlace.... Un tímido estudante de Dereito chamado Roberto coñece a Bruno, un hedonista de 40 anos, que leva ó mozo estudante no seu convertible a dar unha volta polo campo romano e tamén pola Toscana. Xuntos farán un percorrido hilarante, visitando aos parentes de Roberto, perseguindo ás turistas e gozando dos pobos costeiros. Ademais, todo isto resulta ser un acelerado proceso de maduración para Roberto.